Publicador de contidos
Publicador de contidos

Drons e prohibición de grandes ferramentas para evitar estragos nas praias de Nigrán na festa de San Xoán

Drons e prohibición de grandes ferramentas para evitar estragos nas praias de Nigrán na festa de San Xoán

Haberá un operativo con mais de 200 efectivos

As multas poden chega aos 200.000 euros por danos ecolóxicos

G24.gal 17/06/2024 14:13

Un San Xoán seguro, sen lixo e sen buratos. É o 'mantra' do concello de Nigrán para a súa festa máis senlleira. E por iso están coordinando un operativo de seguridade que implicará case 200 efectivos entre Garda Civil, Policía Local e Autonómica, Protección Civil, Seprona e Tráfico. Por primeira vez haberá drons da unidade Pegasus da Garda Civil. 

Esteban Tejero, Oficial Policía Local de Nigrán conta que "durante as horas de luz a función principal será evitar que se fagan buratos de grandes proporcións e luminarias con moita madeira, e xa pola noite  será a seguridade cidadá, buscar os puntos quentes que podamos atopar na praia de agresións ou pelexas".

Festa si, pero con sentidiño, e luminarias a pequena escala. Queren evitar a desfeita do ano pasado en Praia América, cando milleiros de persoas converteron o areal nunha paisaxe lunar chea de cráteres.

Un veciño conta horrorizado o que pasou o ano pasado: "Iso foi tremendo, un auténtico pesadelo. Visto dende o aire, dende os drons foi algo incrible, cráteres en que cabían 14, 15 ,16 mozos, metidos no fondo. Recuperar iso despois é imposible".

Controlaranse os accesos á praia para evitar a entrada con ferramentas ou pas, e os infractores poderán ser sancionados con ata 200.000 euros de multa.

"O día seguinte a praia ten que estar funcional e non e o mesmo meter a máquina nunha praia como está a agora que nunha praia chea de buracos", di un veciño, e outra que "cada ano cambia tamén o curso do río e está tamén cambiando a orografía da praia continuamente. Entendo que si encima facemos buracos será cada vez peor". 

Haberá dous hospitais de campaña e, un ano mais, o concello instalará o chamado Punto lila para atender as mulleres ante posibles agresións. Tamén se reforza a rede de transporte público para desaloxar canto antes o areal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade