Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidos pola morte por inanición dunha anciá en Cangas o seu fillo e a súa neta

Detidos pola morte por inanición dunha anciá en Cangas o seu fillo e a súa neta

A muller atopábase encamada debido á súa mobilidade reducida, e a autopsia determinou que a causa fundamental da morte fora un "déficit alimentario severo"

Tamén se investiga ao marido da falecida

TVG
G24.gal 05/12/2024 09:47 Última actualización 05/12/2024 14:29

A Garda Civil de Pontevedra detivo en Cangas o fillo e a neta dunha anciá falecida por un "déficit alimentario severo". Se lles acusa dun presunto delito de homicidio imprudente ao non prestar asistencia adecuada á muller coa que vivían no mesmo domicilio.

Así o confirmou o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, quen precisou que tamén está baixo sospeita o marido da falecida, unha persoa maior "con graves problemas de saúde".

Os feitos, segundo explicou, están relacionados coa morte en "circunstancias sospeitosas" dunha anciá de 78 anos de idade coa que convivían nunha situación doméstica "moi precaria".

A muller, engadiu, atopábase encamada debido á súa mobilidade reducida. Tras o seu falecemento, o pasado 3 de novembro, a autopsia determinou que a causa fundamental da morte fora un "déficit alimentario severo".

Por este motivo, a Garda Civil investiga as posibles responsabilidades destes dous familiares, en liberdade logo de prestar declaración. A investigación diríxea o Xulgado de Instrución número 1 de Cangas. A súa titular está pendente do resultado das dilixencias practicadas pola Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade