Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous anciáns feridos ao incendiarse a súa casa en Castrelo do Val

Dous anciáns feridos ao incendiarse a súa casa en Castrelo do Val

A casa quedou completamente calcinada

G24.gal 01/12/2022 16:20 Última actualización 01/12/2022 16:30

 Dúas persoas foron evacuadas a un hospital con queimaduras ao incendiarse a súa casa en Castrelo do Val (Ourense).

O suceso ocorreu ás nove e media da mañá deste xoves no lugar de Gondulfes.

  Ata o lugar mobilizáronse os bombeiros de Verín e profesionais de Urxencias Sanitarias 061, que trasladaron os dous ocupantes da vivenda ata un hospital con varias queimaduras.  

Pasadas as 14.00 horas, os efectivos dos bombeiros continuaban na zona realizando tarefas de refrixeración na casa, que ardeu case por completo.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade