Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ducias de galegos seguen atrapados nos aeroportos de Stansted e Gatwick

Ducias de galegos seguen atrapados nos aeroportos de Stansted e Gatwick

Ademais hai unha folga xeral de trens que comezou este martes e que vai durar toda a semana

 

G24.gal 13/12/2022 18:13 Última actualización 13/12/2022 18:24

No Reino Unido a situación caótica vivida este luns nos aeroportos aínda lles está a afectar a moitos galegos que sufriron a cancelación dos voos cara a Santiago e que aínda non foron quen de voar de volta. E aos que lles está a afectar ademais unha folga en todo o país dos servizos de ferrocarrís que comeza hoxe e que está a complicar precisamente o acceso aos aeroportos. 

A pesar de que os aeroportos xa recuperaron unha relativa normalidade aínda hai moitas persoas atrapadas aquí no Reino Unido, moitas delas galegas, que se viron afectadas polas cancelacións e que aínda están a buscar alternativas para poder viaxar a Galicia.

E que ademais terán que facer fronte a unha folga xeral de trens que comezou hoxe e que vai durar toda a semana e que está a complicar moito as comunicacións por todo o país e especialmente o acceso aos aeroportos que teñen conexión directa con Galicia, o de Standsted e o de Gatwick. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade