Publicador de contidos
Publicador de contidos

Durante Semana Santa hai que reservar con antelación para visitar a praia das Catedrais

Durante Semana Santa hai que reservar con antelación para visitar a praia das Catedrais

O xoves e o venres santo son os días con máis solicitudes para baixar ao areal

O trámite realízase na páxina da Xunta e é de balde

G24.gal 24/03/2024 14:55 Última actualización 24/03/2024 16:16

Día ventado na Mariña, pero non por iso cesan as visitas á praia das Catedrais.

"É a terceira vez que vimos e vense moi ben con este tempo".

"Encántannos sobre todo pola naturalidade que teñen, as covas, esa espectacularidade".

Precisamente, para manter o seu atractivo durante toda a Semana Santa cómpre reservar para poder baixar ao areal, un trámite gratuíto, pero ollo porque hai páxinas fraudulentas.

"Moi ben deseñadas, parecen páxinas profesionais, de feito parece que estás nunha páxina oficial, nunha páxina dun concello, pídenche cinco euros por persoa, reservas e logo non contestan ao correo, non devolven o diñeiro".

Lembren que hai que facelo na páxina da Xunta e só hai que rexistrase, sen abonar cartos. Xoves e o Venres Santo son os días con máis solicitudes. Ninguén quere perderse este tesouro natural de rochas erosionadas polo vento e o mar. 

"Recomendárannola e moi bonita, encantounos".

"A min gustoume todo en xeral, a paisaxe, as ondas, as rochas".

"Hai moitas rochas moi bonitas e todo é moi bonito".

"Moi bonita a paisaxe".

"Había como unha cova e dentro había moitas rochas e era moi bonito".

A reserva para visitar a praia é obrigatoria ata o 1 de abril. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade