Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ecuador da campaña en Cataluña: ERC e Junts descartan o goberno a tres que propón o PSC

Ecuador da campaña en Cataluña: ERC e Junts descartan o goberno a tres que propón o PSC

Puigdemont acusa os socialistas de "deshumanizalo" como político e como candidato

Aragonès di que só pactará con Illa se é para ser presidente e pactar un referendo

G24.gal 03/05/2024 20:37 Última actualización 03/05/2024 20:53

Salvador Illa segue favorito nas enquisas, pero empeza a ver que non terá fácil gobernar en Cataluña. Esquerra Republicana ábrese a entenderse co PSC, pero só se é para presidir a Generalitat e pactar un referendo.

 "Señor Illa, vostede é igual que Arrimadas, e estará na oposición como estivo ela. Porque imos gañar os independentistas", di o candidato republicano, Pere Aragonès.

Illa asume tamén que con Junts non haberá pacto. Un día despois de tenderlle a man acusa a Puigdemont de bloqueo.

"Os vetos impiden un goberno, os vetos son bloqueo", asegura.

Puigdemont acusa os socialistas de facer o mesmo que agora critican e denuncia que o deshumanizaron como político e como candidato.

"Xa sabemos ata onde chegan as declaracións de intencións dos socialistas, e non as creemos máis", di o candidato de Junts.

No ecuador da campaña, o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo estivo en Mataró arroupando o seu candidato. Pedro Sánchez volverá este sábado a Cataluña facer campaña con Salvador Illa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade