Publicador de contidos
Publicador de contidos

Edu Iglesias abandona o Dakar coas dúas clavículas rotas

Edu Iglesias abandona o Dakar coas dúas clavículas rotas

Problema do monfortino na etapa prólogo que volverá a Galicia nas próximas horas

Os irmáns Vallejo remataron con boas sensacións o primeiro contacto coa area

G24.gal 31/12/2022 11:51

Malas novas para Edu Iglesias. O piloto monfortino conseguira rematar as tres edicións nas que participara no Dakar pero nesta cuarta tivo moi mala sorte e unha caída na etapa prólogo provocou o seu abandono. 

Era unha etapa curta, de 13 quilómetros, pero a fatalidade quixo que Edu fose ao chan con tan mala sorte que rompeu as dúas clavículas. Agora agarda regresar a Galicia o antes posible. 

Sergio Vallejo debutou cun 71º posto. O veterano piloto de Meira non quixo tomar riscos e irlle tomando pouco a pouco o pulso á proba de Arabia. Mellor lle foron as cousas a Sergio Vallejo, copiloto de Óscar Fuertes. Asinaron un 24º posto e mañá tentarán asentarse entre os vinte mellores do Dakar, obxectivo para esta edición. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos