Edu Iglesias: "Vou ao Dakar coa ilusión e a motivación do primeiro ano, pero con máis preparación e experiencia"
Edu Iglesias: "Vou ao Dakar coa ilusión e a motivación do primeiro ano, pero con máis preparación e experiencia"
Edu Iglesias: "Vou ao Dakar coa ilusión e a motivación do primeiro ano, pero con máis preparación e experiencia"
O piloto monfortino afronta a súa cuarta participación no Dakar, tras rematar nas tres anteriores
O raid máis duro e prestixioso do mundo é un veleno que entra no sangue e xa non desaparece. Iso é o que opinan todos os que pisan algunha vez a area do deserto e compiten nesta mítica carreira. E no caso do monfortino Eduardo Iglesias, non podía ser doutra maneira. Tras conseguir a fazaña de concluír non éxito as súas tres primeiras e únicas participacións no Dakar, afronta dende o próximo xaneiro a que pode ser a súa última aventura sobre dúas rodas.
"A moto xa está en Marsella para as verificacións e nuns días viaxará a Arabia Saudita. Mañá marchamos a Monegros adestrarnos. O Nadal pasámolo na casa e o 27 imos cara alá. Cando arrincou o proxecto, xa estar na saída era un soño. Pensar que é o cuarto con tres rematado faime estar moi satisfeito. Imos coa ilusión e motivado do primeiro ano, con máis nervios. É unha carreira de veteranía. Non só prima a velocidade, tamén a navegación e saber xestionar a carreira".
Como novidade nesta temporada, durante a preparación Edu puido rematar subcampión de Europa tras dúas citas disputadas.
"O terreo non é o mesmo. As probas foron en Grecia e Croacia. Acumulas moitos quilómetros de competición, de adestramento e preparación, que son moi necesarios. Tamén sumamos horas de road-book e navegación que dan soltura e son moi necesarias. Foi un ano máis cheo de preparación e competición e pode ser beneficioso para este Dakar. Os adestramentos poden estar ben pero nunca como a competición"
O percorrido da carreira coñeceuse ao completo o pasado venres; Edu Iglesias analizou na Radio Galega cales poden ser as chaves.
"Este ano sumamos dous días máis, serán catorce etapas, cun día de descanso polo medio. A primeira semana son percorridos máis longos, en pista, rápidos e en terreo máis duro e pedregoso, máis semellante aos últimos Dakares. A chave pode estar na última semana, onde as etapas poder ser máis curtas, algo raro, pero terán moita trampa. Será nesa segunda semana onde primen as dunas, a navegación e o deserto. Será moi intenso e cando hai poucos quilómetros hai trampa seguro".
Ao remate do primeiro Dakar Edu Iglesias aseguraba que non regresaría ao raid máis duro do mundo. Non só repetiu senón que o fixo en dúas ocasións máis e está a piques de comezar a súa cuarta aventura. Pero pode que sexa a última sobre dúas rodas.
"O meu obxectivo, polos patrocinadores, é sempre rematar. Creo que poder estar entre o posto 50 e 60 estaría moi ben. Xa quería cambiar de proxecto este ano. Fixen algunhas probas en coches, como copiloto, para poder ir ao Dakar vivindo outra experiencia. Ao final decidimos seguir en moto de deixalo, polo de agora, nunca se sabe se nuns anos volven as gañas. O que si vou facer é pasarme á dereita e vivilo coma copiloto en futuras edicións".