Educación e os sindicatos avalían o luns a proposta de reducir o número de alumnos por aula
Educación e os sindicatos avalían o luns a proposta de reducir o número de alumnos por aula
A proposta da consellería de reducir a 20 alumnos por aula en infantil e primaria será debatida o luns cos docentes no marco da reunión sectorial
Os sindicatos maioritarios botan en falta que a Administración non considere unha rebaixa do alumnado por clase tamén en secundaria e formación profesional
O conselleiro Román Rodríguez di que todo está por falar, dentro da mesa de negociación que arranca esta semana
A Consellería de Educación e os sindicatos chegan á mesa sectorial do luns con posicionamentos afastados na redución de estudantes por clase. A Administración propón rebaixar a 20 alumnos por aula en infantil e primaria, cun calendario de aplicación progresivo que se acadaría en dez anos. Os docentes botan en falta unha diminución do número de alumnos en secundaria e formación profesional.
"Eu teño gran confianza en que sexamos capaces de encontrar puntos de encontro para mellorar o sistema educativo, tanto por parte dos sindicatos coma da Administración".
"Todo se fai dun xeito progresivo isto tense feito noutras comunidades autónomas e ten que facerse dun xeito progresivo, non podes mudar o sistema dun día para outro porque sería un auténtico caos, hai que facelo dun xeito ordenado, e planificado e progresivo e iso e o que se vai propoñer", di o conselleiro de Educación, Román Rodríguez.
Cuestións tamén en materia retributiva: a mesa abordará unha suba para o profesorado de ata un 15 %, como complemento específico en base á súa formación permanente, e un incremento de 45 euros para o persoal con funcións directivas nos centros con poucos alumnos.
O profesorado demanda dende hai tempo unha redución do horario lectivo.