Efectivos de Protección Civil de Galicia seguen traballando nas zonas afectadas pola DINA en Valencia
Efectivos de Protección Civil de Galicia seguen traballando nas zonas afectadas pola DINA en Valencia
Efectivos de Protección Civil de Galicia seguen traballando nas zonas afectadas pola DINA en Valencia
Efectivos de Protección Civil de Galicia seguen colaborando nas zonas máis afectadas pola DINA
Os voluntarios chegados de Galicia fan tarefas, sobre todo, de achique de baixos, garaxes e zonas anegadas
A sensación que, din os voluntarios galegos en Valencia, máis se repite entre eles é a de impotencia, porque queda moito por facer, din
As rúas das zonas máis afectadas pola DINA, en Valencia, non acaban de ser rúas de novo. Segue habendo auga por todas partes. Tamén moito lodo. É o escenario que comparten, onde se moven as familias afectadas, os veciños e os efectivos de axuda e emerxencia. O seu labor é capital. Nun punto de Paiporta, chegou a haber catro metros e medio de agua. Voluntarios de Protección Civil de Muxía, coa Armada e outros efectivos, despois de moitas horas de traballo, lograron cambiar a paisaxe. Parte da banda sonora tras a DINA son conversas a través de emisoras de radio e, sobre todo, bombas de achique.
O son, noutro espazo, resultaría incómodo, polo prolongado no tempo. Pero en Valencia, os tubos tirados polas rúas e as máquinas nas casas e garaxes son a pista de que os que están axudando, chegaron. E fano de todas as partes de España. Tamén de Galicia. De moitos organismos, tamén de Protección Civil. Desde Rianxo, A Pobra, Cangas, Valga, Oitavén, Tea, Moraña, Portas, Carballo, Boiro, Val do Dubra, Mazaricos. Cóntannos algúns dos efectivos que levan días en Valencia e que preparan xa a remuda, que a sensación que máis senten é a da impotencia. Porque axudan, si, din, pero aínda queda moitísimo por facer.