Publicador de contidos
Publicador de contidos

Elvira López Mourín, a enfermeira de Láncara que fixo historia

Elvira López Mourín, a enfermeira de Láncara que fixo historia

Participou no primeiro voo sanitario de España hai agora cen anos

Unha mostra itinerante lembra a súa figura e aquela fazaña

G24.gal 05/11/2022 13:10

Elvira López Mourín, nacida en San Martiño de Río, no concello de Láncara, fixo historia fai xusto agora cen anos. O seu primeiro destino foi o hospital militar de Melilla, en plena guerra entre España e Marrocos.

O 1 de novembro de 1922 as tropas españolas sufriron un ataque que causou numerosas baixas. O xeito máis rápido de prestarlles auxilio era en avión, daquela un medio de transporte aínda moi incipiente. Elvira non dubidou en apuntarse ao voo, acompañando dous médicos. 

Unha tese doutoral dun médico de Toledo descubriu por casualidade a figura de Elvira López Mourín como membro desa misión pioneira. A fazaña chegou a oídos dos propios reis de España, que decidiron mellorar a dotación sanitaria do Exército do aire.

Agora, tentan confirmar se ademais de ser pioneira en España, Elvira puido ser tamén a primeira muller no mundo en voar nunha misión sanitaria.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade