Publicador de contidos
Publicador de contidos

Empate do Mecalia Guardés, que poñerá en xogo a eliminatoria nas Canarias

Empate do Mecalia Guardés, que poñerá en xogo a eliminatoria nas Canarias

Na ida dos cuartos de final na loita polo título, o Guardés e o Rocasa empataron a 28 goles

G24.gal 03/05/2023 22:58

O Mecalia Guardés sacou forzas logo do compromiso europeo da fin de semana e tamén se mantén con vida na loita polo título. Empatou 28-28 diante do Rocasa Gran Canaria na ida dos cuartos de final e xogarao todo no terreo das insulares. 

O comezo (3-6) facía pensar nunha vitoria visitante que tentaba sacar proveito do esforzo galego. Reaccionou o Guardés, que se puxo por diante 8-7 grazas ao acerto de Sandra Santiago. O partido ía igualado ata un parcial de 1-5 no final do primeiro tempo que deixou ao descanso un 13-16 a prol do Rocasa. 

Unha moi boa saída guardesa no segundo tempo permitiu igualar o encontro (18-18). A partir de aí sucedéronse as alternativas, pero un parcial de 0-3 volvía poñer as cousas moi favorables para o Rocasas (23-26), con moi pouco tempo por diante. O Guardés sacou a garra e conseguiu o empate definitivo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar