Publicador de contidos
Publicador de contidos

Empresas especializadas limpan e adornan as sepulturas para o Día de Defuntos

Empresas especializadas limpan e adornan as sepulturas para o Día de Defuntos

G24.gal 26/10/2022 14:27

Apenas quedan días para a celebración dos Fieis Defuntos e os cemiterios van mudando a súa cara. Empresas coma esta reciben estes días moitas máis chamadas do habitual. 

"Hai un volume un pouco pequeno de xente que durante todo o ano ten un mantemento das sepulturas, dos nichos e de todo. Pero ao chegar a estas datas dispárase o número de encargos. Con mes e medio de antelación, máis ou menos, empezan a chamar polo tema de arranxar as sepulturas, limpalas, pórlles flores", conta a funeraria Sonia Cao.

"Collo o cepillo para ir retirando as areíñas, limpando todo para poder botarlle o produto. Aquí como é unha sepultura destas de pedra Patrimonio protéxea moito, non deixan usar máquinas, entón vai todo moi manual", explica a funeraria Luísa Requejo.

Din que non hai un perfil de quen demanda este tipo de servizos. Algúns son xente de aquí, outra xente que reside fóra de Galicia e non pode visitar o cemiterio eses días. Elas encárganse de todo.

"Limpeza de sepulturas, encargo de florería, algunha misa, que tamén piden misas para eses días".

E como saber se o traballo está ben feito? Pois grazas ás novas tecnoloxías. 

"Pasámoslles fotos, e tamén teñen veciños que veñen mirar, e estache así, estache andando, espera que che paso un whatsapp".

Din que o traballo é moito estes días, e que cada ano son máis os clientes que solicitan este tipo de servizos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar