Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cruel desenlace para un Celta que perdoou ao Atlético (0-1)

Cruel desenlace para un Celta que perdoou ao Atlético (0-1)

Oblak foi o máis destacado do partido con paradas decisivas a remates de Aspas e Borja Iglesias

O Atlético marcou no minuto noventa case no único remate a porta de todo o partido

G24.gal 26/09/2024 19:33 Última actualización 26/09/2024 22:55

Minuto a minuto

O Celta volve ao seu fortín de Balaídos onde leva un pleno de triunfos esta temporada (3 de 3). Terá enfronte o rival máis esixente dos que se atopou ata o de agora; o Atlético de Simeone é un claro candidato a facerse co título de Liga e tentará manter o ritmo do Barcelona. Comeza ás 21:00 o partidazo no estadio vigués. 

O equipo titular do Atlético

E aquí temos o XI do Celta, como sempre con moitas rotacións. 

1

Comeza o partido en Balaídos!!!

6

Teñen seus máis e seus menos Reinildo e Borja Iglesias. Acaba Borja no chan cun forte golpe no nocello. O VAR non intervén

10

Williot!!!! Entra Carreira como unha moto pola dereita, pase da morte e o sueco falla no último remate

15

Gran acción individual de Griezmann e o seu centro cara Sorloth intercéptao Guaita dun xeito providencial

18

Segue o duelo Reinildo-Borja. Agora o Panda é o que atropela o xogador do Atleti

29

Centra con moita intención Marcos Alonso pero non poden chegar nin Aspas nin Borja Iglesias

31

Centra Carreira e Aspas remata alto de cabeza. Domina o Celta!!

34

Cartón a Starfelt por unha entrada dura sobre Gallacher

39

Agora é Reinildo o que ve o cartón por entrada .... a Borja Iglesias

42

Paradón de Oblak a remate de Iago Aspas desde a frontal!!!!

45 +2

Tempo de lecer en Balaídos. O Celta dominou e tivo dúas boas ocasións nas botas de Williot e Aspas. O Atlético, desaparecido en ataque

46

Segunda metade en xogo!!!

53

Balón de Williot que cae rexeitado na frontal e o remate de Sotelo vaise arriba por pouco

54

Julián Álvarez ao campo. Coincidirá con Sorloth e Griezmann. Simeone aposta forte porque o Atlético está desaparecido en ataque

57

Clarísima de Borja Iglesias!!! Remata de cabeza na área pequena e salva in extremis Jan Oblak

59

Remata Julián Álvarez desde fóra da área e marcha alto. O primeiro tiro do Atlético en todo o partido

64

Deixa Williot para que remate Aspas. Fóiselle arriba. O partido está moito máis aberto que no primeiro tempo

74

Outra de Borja Iglesias!!! Remate en posición acrobática molestado por Le Normand que para Oblak

80

Parou Guaita!!!! Tiro de Riquelme con moito perigo que saca a córner o porteiro do Celta na súa primeira intervención de todo o partido

83

Alfon recolle un balón na área e acaba rematando ao exterior da rede

89

Que ocasión de Javi Rodríguez!!! Remata completamente só na área pero faino de xeito defectuoso

90

0-1 JULIÁN ÁLVAREZ marca a centro de Griezmann. Incrible o partido que se lle pode ir ao Celta

94

Final do partido. O Celta perdoou diante dun Oblak sensacional e o Atlético aproveitou unha das poucas ocasións que tivo para marcar no último minuto

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos