Publicador de contidos
Publicador de contidos

En Galicia prodúcense arredor de 7.000 novos casos de ictus ao ano

En Galicia prodúcense arredor de 7.000 novos casos de ictus ao ano

As ferramentas tecnolóxicas permiten que estas persoas poidan readquirir as habilidades perdidas

G24.gal 04/01/2024 14:39

Manolo Ramos, de 74 anos, proba por primeira vez un exoesqueleto co que vai tentar corrixir algúns defectos da marcha. Hai seis anos un ictus deixouno practicamente prostrado. Conseguiu camiñar despois de moito traballo, constancia e perseveranza, e agora quere seguir avanzando.

Ese exoesqueleto é unha ferramenta de rehabilitación que usan nunha clínica da Coruña, axustable a cada paciente. Traballan nunha vivenda adaptada para reproducir os contextos habituais dos pacientes e coñecer as súas necesidades.

"Pode ser necesario o uso de alta tecnoloxía, pero outras veces o tratamento depende de entender os contextos do paciente", explica o doutor Carlos Rodríguez, director Clínico de 'Sinopse Neurología'.

"Facemos unha avaliación para ver se as necesidades do paciente están relacionadas con problemas motores, cognitivos, perceptivos... e elaboramos despois un plan de intervención", comenta Verónica Varela, a coordinadora dos terapeutas ocupacionais desta clínica coruñesa.

Sete anos despois dun ictus que a deixou inmóbil, Carmen xa pode encargarse da comida de Nadal. E segue traballando para que a mobilidade do seu lado esquerdo lle permita o soño de usar a máquina de coser.

Conseguen recuperar os roles sociais, a autoestima e o ánimo. Son terapias e que tamén funcionan noutro tipo de patoloxías como lesións medulares, esclerose múltiple ou parálise cerebral. Tamén son especialistas no tratamento dos trastornos do espectro autista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar