Cargando resultados...
En Galicia preocupa a escaseza dun medicamento para a diabetes tipo 2
En Galicia preocupa a escaseza dun medicamento para a diabetes tipo 2
Ozempic ten moita demanda porque hai médicos que o receitan contra a obesidade
Para garantir a subministración están facendo un control semanal das existencias nas farmacias
G24.gal
08/12/2022 11:37
En Galicia preocupa a escaseza dun medicamento para a diabetes tipo 2, o Ozempic. O Sergas monitoriza as existencias Falta das farmacias unha presentación de Ozempic, un fármaco para a diabetes tipo 2.
Este fármaco está tendo moita demanda porque hai médicos que o prescriben como tratamento da obesidade, aínda que o Sergas non o financia con ese fin.
Para garantir a subministración están facendo un control semanal das existencias nas farmacias, e nos últimos días só falta unha das tres presentacións.