Publicador de contidos
Publicador de contidos

A CIG ve paralelismos en Ourense coa trama do STL da Coruña e pide investigalo

A CIG ve paralelismos en Ourense coa trama do STL da Coruña e pide investigalo

En 2020 denunciaron a situación, pero foi arquivada e agora o sindicato insiste en que as circunstancias son as mesmas que as destapadas hai uns días na Coruña

G24.gal 02/03/2023 14:53

A operación xudicial levada a cabo hai uns días na Coruña, en relación ao funcionamento do Sindicato de Traballadores da Limpeza (STL), segue dando que falar e chega ata Ourense. Alí a CIG acaba de entregarlle un escrito á Fiscalía para que retome a investigación contra a concesionaria do servizo de recollida de residuos e limpeza na cidade por supostas irregularidades nas contratacións. 

Hai xa anos que presentaron unha denuncia, pero foi arquivada. Agora, tras o ocorrido na Coruña volven insistir. Anxo Pérez Carballo, secretario comarcal da CIG en Ourense di que "se aquí o modus operandi foi o mesmo haberá que investigar se houbo ou non ilícito penal".

E din que probas non lles faltan: "Cobrándolle a cada traballador contratado unha mordida de 63,50 €, achegamos incluso recibo bancario porque se facía unha transferencia mes a mes".

A suposta trama investigada na Coruña deixa catro persoas investigadas e en liberdade con cargos por presuntos delitos de corrupción, branqueo de diñeiro e estafa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade