Publicador de contidos
Publicador de contidos

En prisión o home que queimou a casa da súa veciña en Boborás

En prisión o home que queimou a casa da súa veciña en Boborás

A propietaria da vivenda arrasada, que ten catro fillos, presentara quince denuncias en anos anteriores contra o seu veciño por ameazala

G24.gal 16/04/2023 17:45

Elena chegou a San Bartolomeu dende Frankfurt hai quince anos con catro fillos na procura dunha vida tranquila. Todo cambiou hai catro anos coa chegada dun veciño que lles fixo a vida imposible desde o principio.

O veciño mesmo tivo unha orde de afastamento hai anos, pero Elena deixou de poñer denuncias cando as quince anteriores foron desestimadas porque o xuíz considerou que simplemente se levaban mal.

Elena conta co apoio da única familia veciña, uns escoceses que foron testemuñas do seu calvario. El colleu un voo cando soubo da noticia para apoiar a súa veciña.

Vin en canto escoitei a noticia e vin as imaxes porque é a miña amiga, coñézoa de hai moitos anos e tenme axudado sempre. É unha mágoa ver como desaparece así toda unha vida.

O venres pasado as ameazas fixéronse realidade e a casa de Elena ardeu totalmente cos seus cans dentro. Non sorprendeu a ninguén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade