Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan a aparición de centos de troitas mortas no río Madalena, en Vilalba

Investigan a aparición de centos de troitas mortas no río Madalena, en Vilalba

O xermolo do problema é, supostamente, un mal funcionamento da depuradora

Axentes de Medio Ambiente retiraron as troitas mortas do río para contabilizalas, medilas e pesalas Axentes de Medio Ambiente retiraron as troitas mortas do río para contabilizalas, medilas e pesalas
G24.gal 12/08/2022 13:23 Última actualización 12/08/2022 14:10

É un problema recorrente dos últimos quince anos cando hai veráns extremadamente secos como acontece este. Hai varios factores que interveñen neste problema: por unha banda, o escaso caudal; por outra, a abondosa vexetación do río e as treboadas.

Cando hai unha descarga de choiva forte a depuradora da vila non pode xestionar todo ese fluxo de auga e reborda, e o que reborda é auga sen tratar. Esa auga sen depurar, xunto co pouco caudal e a moita vexetación convértense nunha combinación mortal que fai que as troitas morran asfixiadas.

O Concello di que están a facer un pozo de treboadas, que non é outra cousa que unha estrutura para conter os ballóns de auga das treboadas e que a depuradora non se vexa desbordada e poida traballar con normalidade. É un proxecto de algo máis de tres millóns de euros, pero din que non o dan feito tan rápido como quixeran.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade