Publicador de contidos
Publicador de contidos

Entran en vigor os novos abonos gratuítos de Renfe

Entran en vigor os novos abonos gratuítos de Renfe

Para o segundo cuadrimestre do ano expedíronse algo máis de 250.000 novos abonos gratuítos

G24.gal 01/05/2023 12:31

Desde este luns xa non son válidos os vellos abonos gratuítos. Hai que ter os novos, que estarán en vigor ata o 31 de agosto. No caso dos Avant mantense o desconto do 50 por cento. Para telo hai que depositar a fianza de 20 euros.

O pagamento con tarxeta permite a devolución automática da fianza unha vez que se fagan 16 desprazamentos. Véndense na web de Renfe e tamén nas estacións ou máquinas de autovenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade