Cargando resultados...
Entrégase o cirurxián buscado pola morte dunha paciente tras unha lipoescultura
Entrégase o cirurxián buscado pola morte dunha paciente tras unha lipoescultura
G24.gal
05/01/2022 16:25
Entregouse á xustiza o cirurxián que operou a muller falecida un mes despois de someterse a unha lipoescultura nunha clínica privada de Cartaxena.
Sobre o médico pesaba unha orde de detención desde o martes. Esta mañá acudiu ao xulgado número 3 de Cartaxena acompañado do seu avogado e sen facer declaracións aos medios de comunicación congregados.
A familia da finada denunciou o médico por homicidio imprudente. A paciente faleceu o pasado sábado nun hospital público por complicacións derivadas da operación de lipoescultura que lle causaron un fallo multiorgánico.