Épico triunfo do Baxi que acode a Bélxica con vintecinco puntos de vantaxe
Épico triunfo do Baxi que acode a Bélxica con vintecinco puntos de vantaxe
O conxunto ferrolán gañoulle ao Castors Braine por un contundente 83-58
Épico triunfo do Baxi Ferrol na primeira eliminatoria despois da fase de grupos. Gañoulle por vintecinco de diferenza ao Castors Braine (83-58) diferenza moi ampla que defenderá en Bélxica.
O parcial de inico (10-2) facía presaxiar unha boa noite na Malata. O nivel ofensivo do Baxi no primeiro cuarto foi excelente. Conseguiu anotar 27 puntos (27-17) e chegou a ter unha máxima diferenza de doce puntos. O Castors Braine tentou frear ás ferrolás de todos os xeitos pero a diferenza non deixou de medrar no segundo cuarto. Consolidouse nos dezaseis puntos (35-19) e acabou o segundo cuarto coa máxima do primeiro tempo (47-29).
A festa era total cando as de Lino López puxeron o 59-35. As belgas xogáronse o todo polo todo mudando defensas e conseguiron conter a hemorraxia (61-44). O último cuarto volveron os 24 de diferenza (70-46) pero as pernas xa non respostaban tan ben como no resto do partido. O Castors rebaixaba a vantaxe ata que Claire Melia e Joiner encadearon dúas triplas para levar a vantaxe ata os 25 (81-56). Foi a diferenza final, unha vantaxe inimaxinable ao comezo do partido e que deixa con pé e medio na seguinte eliminatoria ao Baxi Ferrol.