Épico triunfo do Rácing Vilalbés, que xogou con nove durante media hora (2-1)

Vérez (45') e Javi Varela (65') viron o cartón vermello directo

O equipo chairego mantivo a vantaxe coa que chegou ao descanso

G24.gal 10/12/2023 14:42

En Vilalba, triunfo do Rácing Vilalbés. Triunfo épico, xa que tivo que xogar desde o minuto 64 con dous xogadores menos polas expulsións de Vérez e Javi Varela. Vitoria fronte ao Guijuelo por dous a un. Os goles chegaron no primeiro tempo. Marcou Álex Pérez para os galegos aos 9 minutos, no 40 igualou Juan Antonio e un minuto despois marcou o visitante Pica a propia meta. A segunda expulsión chegou logo dun penalti por mans de Javi Varela. Toti errou o lanzamento desde os 11 metros. O Vilalbés resistiu ata o final e puido festexar con euforia un valiosísimo triunfo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos