Publicador de contidos
Publicador de contidos

Esixencia do pasaporte covid para acceder ás feiras en Galicia

Esixencia do pasaporte covid para acceder ás feiras en Galicia

O TSXG autoriza que se esixa o certificado de vacinación en eventos multitudinarios

G24.gal 18/12/2021 22:37

Ademais de nas residencias e nos ximnasios, o certificado da covid tamén é necesario para poder participar en eventos multitudinarios, por seren situacións en que aumenta o risco de contaxios. Por iso, dende hoxe tamén se pide este pasaporte sanitario en feiras como a de Xuvenlugo.

Dende as doce da noite de onte todos os maiores de 12 anos que queiran acceder a esta feira lúdica terán que presentar un certificado emitido, ben polo Sergas, ou ben por un laboratorio oficial, no que se indique que a persoa portadora está en calquera das tres situacións seguintes:

Unha, que recibiu a pauta completa da vacina. Dúas, que o titular recuperouse dunha infección por covid nos últimos seis meses. Ou tres, que presente unha proba diagnóstica negativa.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar