Publicador de contidos
Publicador de contidos

Esnaquizan cunha machada varios coches estacionados e un portal entre Santiago e Teo

Esnaquizan cunha machada varios coches estacionados e un portal entre Santiago e Teo

A Garda Civil tenta conseguir imaxes de cámaras de seguridade da zona que lles permitan identificar o autor desta onda de desfeitas

Imaxe cedida Salseo USC
G24.gal 18/06/2024 14:11 Última actualización 18/06/2024 14:29

A Garda Civil busca un home que esnaquizou cunha machada varios coches aparcados entre Santiago e Teo, concretamente nos barrios da Pontepedriña e dos Tilos.

Os veciños confirmaron que os danos non só afectaron turismos, senón que tamén apareceu rebentada a porta dun edificio que actualmente se atopa en obras e mesmo os operarios atoparon material esnaquizado.

A Garda Civil tenta conseguir imaxes de cámaras de seguridade da zona que lles permitan identificar o autor, ou autores, desta onda de desfeitas.

Desde a Asociación de Veciños Os Tilos aseguran que a veciñanza quedou intranquila tras estes actos vandálicos nunha contorna familiar e tranquila que non está afeita a este tipo de incidentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade