España celebra o Dia Mundial da Saúde Mental cun déficit de 7000 psicólogos
España celebra o Dia Mundial da Saúde Mental cun déficit de 7000 psicólogos
Os profesionais demandan máis recursos preventivos, sobre todo en atención primaria e escolar
O 15 % dos adolescentes españois amosa síntomas de depresión segundo UNICEF
Os profesionais da saúde mental denuncian que pese a avances e esforzos seguen a ser os irmáns pobres do sistema sanitario.
Cada vez máis o foco está posto na xuventude, que sofre máis problemas que non están a ser tratados a tempo.
A boa saúde mental é unha compoñente esencial nas nosas vidas; sen ela, non pode haber saúde. Pero a escaseza de recursos preventivos e humanos, cun déficit de máis de 7000 psicólogos, sobre todo na atención primaria, segue sendo un grave problema.
A media por cen mil habitantes en Galicia e de catro profesionais; no conxunto de España, de seis. A media da Unión Europea esta en dezaoito.
Un investimento maior, aseguran os profesionais, suporía un aforro posterior na economía e por suposto no benestar das persoas.
Os máis pequenos e vulnerables tampouco contan con especialistas suficientes nos centros escolares.
A pesar dos esforzos, do plan estatal de axuda á saúde mental presentado o ano pasado e do plan presentado hoxe mesmo pola Xunta para previr o suicidio na infancia con protocolos coordinados e de urxencia, os recursos dispoñibles seguen a ser claramente insuficientes.