Publicador de contidos
Publicador de contidos

España envía un continxente da UME aos incendios forestais de Chile

España envía un continxente da UME aos incendios forestais de Chile

Ocasionaron xa 24 vítimas mortais e destruíron 100.000 hectáreas

Os lumes afectan o centro e o sur do país e arrasaron 800 vivendas

G24.gal 05/02/2023 20:11 Última actualización 05/02/2023 20:31

Os lumes levan tres días azoutando o centro e o sur de Chile. Moitos desatados pola imprudencia e a man do home -xa hai dez detidos neste sentido- e acelerados por unha vaga de calor extrema, a mala xestión forestal e a falta de medios para combatelos.

Ata o momento, xa ocasionaron 24 vítimas mortais e entre as persoas feridas hai preto dunha trintena graves. Ademais, as lapas arrasaron 800 vivendas e destruíron máis de 100.000 hectáreas, nunha área de bosques e latifundios considerada o celeiro de Chile. As rexións máis afectadas son Ñuble, Biobío e La Araucanía.

España respondeu á petición de axuda lanzada este sábado polas autoridades chilenas e enviou un continxente da UME, integrado por 60 persoas, entre elas expertos na loita contra os lumes e un equipo de drons. O presidente de Chile agradeceu o apoio español e a súa rapidez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade