España exporá no Ecofin un "calendario ambicioso" para chegar un acordo este ano sobre regras fiscais
España exporá no Ecofin un "calendario ambicioso" para chegar un acordo este ano sobre regras fiscais
España exporá no Ecofin un "calendario ambicioso" para chegar un acordo este ano sobre regras fiscais
Calviño ve no Ecofin de Santiago unha "reunión histórica" para profundar alianzas coa América Latina
O Eurogrupo constata a resitencia da economía europea fronte a recesión
A UE prefire "non forzar" a elección ao BEI en Santiago en busca do "consenso"
A vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital en funcións, Nadia Calviño, asegurou que España exporá, no marco do a reunión informal do Ecofin que se celebra este venres e sábado en Santiago de Compostela, un "calendario ambicioso" sobre a reforma das regras fiscais europeas, co obxectivo de alcanzar un acordo antes de final de ano baixo a presidencia española da UE.
O obxectivo, segundo sinalou Calviño en declaracións aos medios antes do Ecofin, é ter canto antes un novo marco de regras fiscais que permita dispoñer aos países de senllas estables e graduais de redución da débeda pública que garantan a estabilidade fiscal e financeira a longo prazo e ao mesmo tempo dean un marco para os investimentos.
Segundo explicou a ministra, como se trata dun Ecofin informal, non haberá ningún texto sobre a mesa para negociar, senón que se fará unha presentación en que a propia Calviño compartirá cos ministros de Economía e Facenda europeos o traballo técnico que se desenvolveu durante estes meses.
"Durante todo o verán os equipos estiveron traballando e avanzaron significativamente encerrando algunhas das partes dos textos", asegurou a responsable económica do Goberno en funcións.
Así, a aproximación que se fará sobre ao tema estes días en Santiago de Compostela será un punto de información sobre o estado de situación e ter un intercambio informal de puntos de vista entre os ministros, que é o que se corresponde con este tipo de reunións informais.
A economía europea resiste fronte á recesión
Despois da xuntanza informal do Eurogrupo, que reúne os ministros de Economía e de Facenda dos estados da Unión, o seu presidente, o irlandés Paschal Donahoe, afirmou que a economía resiste fronte a recesión, non do mesmo xeito en todos os estados, pero amosouse optimista de cara ao ano que vén, malia a desaceleración que se produciu agora no verán.
Destacou o bo comportamento da economía española, nun contexto complicado. Tamén quixo suliñar que é necesaria a ratificación tratado do mecanismo de estabilidade europeo como ferramenta de loita contra as incertezas
A presidenta do Banco Central Europeo, Christine Lagarde, afirmou que se evitou a recesión durante un inverno con moitas crises. Unha resistencia que se ve nun baixo desemprego e boas políticas conxuntas.
En canto a subida de tipos de xuros asegurou que non se puxo en cuestión a decisión do BCE. Asegurou que non se está a falar de recortes, senón de volver ao obxectivo de medio prazo dunha inflación ao 2 %. O tipos de xuro van seguir altos ou subindo o tempo necesario en función dos datos que teñan.
O comisario europeo de Economía Paolo Gentiloni dixo que hai que centrarse en reducir a débeda e o déficit, pero que os mesmo tempo se necesita atopar un equilibrio co investimento por parte dos gobernos, para favorecer un crecemento 'verde', o avance dixital e a estabilidade económica.
Tamén gabou a iniciativa da presidencia española do Consello da UE por facer avanzar as negociacións sobre as novas regras fiscais, que os ministros de Economía e Finanzas da UE comprometéronse a pechar antes de que acabe o ano.
Dende o Eurogrupo son conscientes de que manter a inflación e o crecemento sostible é moi difícil. A economía resistiu, dixeron, porque as empresas teñen reservas para afrontar o aumento dos custos.
Tamén destacaron o risco do clima están tendo grande impacto nos países de Europa, e tamén na súa economía.
Calviño opta á presidencia do Banco Europeo de Investimentos
Os ministros de Finanzas da Unión Europea prefiren "non forzar" o proceso para elixir quen ostentará a presidencia do Banco Europeo de Investimentos (BEI) a partir de 2024, posto ao que opta a coruñesa Nadia Calviño, en busca dun candidato que obteña o máximo consenso posible entre as capitais.
A decisión, salvo sorpresa, non se tomará na reunión informal que manteñen este venres e sábado en Santiago de Compostela e aprazarase a futuros encontros, entre os que destaca a cita formal que os titulares de Finanzas do bloque manterán en Luxemburgo a mediados de outubro.
Neste contexto, a vicepresidenta española, que conta co apoio público de Portugal, insistiu en que non abordará o proceso de elección nin as diferentes candidaturas cos ministros, debido a que non sería "adecuado" ao exercer de presidenta da reunión que se celebra, non só en España, senón na súa Galicia natal.
En principio, a elección da alemá Claudia Buch para presidir o consello de supervisión do BCE en lugar da española Margarita Delgado aumenta as opcións de que Calviño se faga coa presidencia do banco público da UE, que tradicionalmente vela por que exista un equilibrio xeográfico nas súas institucións que faría moi difícil elixir dúas españolas para altos cargos económicos.
Alianzas estratéxicas coa América Latina e o Caribe
Segundo avanzou a responsable económica do Goberno, este venres celebrarase a reunión do Eurogrupo e despois haberá un encontro dos ministros de Facenda europeos e da América Latina e o Caribe, onde se abordará a iniciativa de investimentos por 45.000 millóns na rexión de América do Sur comprometida pola UE.
Isto supón un aumento do 20 % con respecto ao investimento medio da Unión Europea na rexión e sitúa á Unión Europea como o primeiro investidor na América do Sur, con investimentos que representan 20 veces o investimento da China.