Publicador de contidos
Publicador de contidos

España, Francia e Portugal proporán á UE acordos de pesca plurianuais

España, Francia e Portugal proporán á UE acordos de pesca plurianuais

O Goberno español considera inaceptable a redución dos días de pesca no Mediterráneo

Galicia está especialmente preocupada polo posible peche das capturas de xurelo

Os ministros europeos de pesca estarán reunidos ata o próximo martes
G24.gal 11/12/2022 19:28 Última actualización 11/12/2022 19:46

Os responsables de pesca da Unión Europea comezaron este domingo a última e decisiva reunión do ano, na que decidirán as cotas pesqueiras para o 2023. O ministro español considera inaceptable a proposta da Comisión Europea da redución dos días de pesca no Mediterráneo:
se a Comisión Europea impón a súa proposta para o Mediterráneo, case 700 barcos españois e uns 17.000 tribulantes verían ameazada a súa viabilidade económica.

O sector pesqueiro galego está preocupado polo futuro das capturas de xurelo e anguía

A preocupación no caso galego vén dada pola proposta europea de peche das capturas de xurelo nos caladoiros do Atlantico nororiental, que prexudicaría case 3.800 tripulantes. 
O Goberno central e a Xunta rexeitan tamén a proposta europea de peche a efectos prácticos das capturas de anguía.

Máis positivo é o futuro das capturas de especias como a pescada, que Bruxelas propón subir un dez por cento.

España, Francia e Portugal proporán á UE acordos pesqueiros plurianuais

España, xunto a Francia e Portugal, proporán que estas negociacións que tensan o sector pesqueiro cada ano por estas datas, dean paso a acordos plurianuais que lles permitan planificarse mellor.

En todo caso, as negociacións que comezaron este domingo serán duras e longas, xa que os responsables de pesca europeos non teñen previsto rematar antes do martes ao mediodía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade