Especialistas piden converter os cruceiros galegos nun recurso turístico de primeiro nivel
Especialistas piden converter os cruceiros galegos nun recurso turístico de primeiro nivel
No territorio galego hai arredor de 9.000 catalogados e poderían aparecer máis
Os máis antigos datan de mediados do século XIV
Dende o século XIV ata o día de hoxe véñense construíndo cruceiros en Galicia. Hoxe hai arredor de 9.000, pero os historiadores din que aínda quedan moitos por catalogar. Dende beiras de camiños de monte ata prazas de cidades ou vivendas particulares, a súa presenza é enorme en todo o territorio.
O cruceiro galego máis antigo é o de Melide, de mediados do século XIV, e o de máis sona é o de Hío, en Cangas. Os expertos cren que é o momento de convertelos en recurso turístico e, por tanto, económico. "Galicia é o lugar en que máis cruceiros e de máis tipoloxías existen. Por eso hai que poñelos en valor", di o antropólogo Fernando Arribas.
O estado de conservación é bo en xeral, pero seguen a ser obxecto de roubos, vandalismo e accidentes de tráfico.