Publicador de contidos
Publicador de contidos

Esta casa de Ordes converteuse nun clásico do Nadal

Esta casa de Ordes converteuse nun clásico do Nadal

Charo e Nano levan dende 2010 poñendo unha iluminación especial que fai que os coches paren para mirala

Este ano comezaron cos preparativos no mes de marzo

G24.gal 13/12/2024 21:29 Última actualización 13/12/2024 21:43

En Santa Cruz de Montaos, concello de Ordes, hai unha casa que se converteu nun clásico do Nadal. Comezaron a poñerlle unha iluminación especial para estas datas hai case 15 anos, e cada decembro supéranse. Este ano non foi unha excepción.

Comezaron a preparalo todo en marzo. A novidade que máis traballo lles deu foi incluír música cunhas figuras que cantan dende a fachada. Pero o boneco de neve e o Papá Noel de catro metros do xardín seguen senda para moitos as estrelas. 

Construíron eles mesmos todos os elementos. Montalos todos levoulles tres semanas, máis ca en ningún outro ano. E xa están pensando en máis sorpresas para o ano que vén. Semella que auí o Nadal non se perde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar