Publicador de contidos
Publicador de contidos

Controlado en Galicia o incendio que afecta á serra do Xurés

Controlado en Galicia o incendio que afecta á serra do Xurés

O lume que entrou desde Portugal afecta o concello de Calvos de Randín
 

G24.gal 05/02/2023 21:59 Última actualización 06/02/2023 09:27

A Consellería do Medio Rural deu por controlado o incendio forestal que afectaba desde a tarde deste domingo ao municipio ourensán de Calvos de Randín, e que calcinou menos dunha hectárea do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

 

En concreto, o lume comezou pouco antes das 17:30 horas deste domingo en Portugal e estendeuse, entrando en Galicia, concretamente na parroquia de Randín, e afectando o parque Natural do Xurés. Para o seu control, por parte de Galicia mobilizáronse tres axentes, tres brigadas e dúas motobombas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade