Publicador de contidos
Publicador de contidos

Controlado un incendio nas Fragas do Eume tras queimar 2,4 hectáreas

Controlado un incendio nas Fragas do Eume tras queimar 2,4 hectáreas

Participaron nos labores de extinción once brigadas, tres axentes forestais, cinco camións con motobomba, dous avións e catro helicópteros

Parque Natural das Fragas do Eume Parque Natural das Fragas do Eume
G24.gal 21/04/2024 17:36 Última actualización 21/04/2024 18:50

O incendio forestal rexistrado este domingo no parque natural das Fragas do Eume está "controlado" cinco horas despois da súa detección nas que queimou 2,4 hectáreas, informou este domingo a Consellería do Medio Rural.

As lapas foron detectadas cara ás 13:03 horas nunha zona da parroquia de Soaserra, do concello coruñés de Cabanas. O citado departamento da Xunta sinala nun comunicado que os equipos de extinción que operan na zona lograron controlar o seu perímetro ás 17:43 horas.

Nos labores de extinción foron mobilizadas once brigadas, tres axentes forestais e un técnico con axuda de cinco camións con motobomba e co apoio de dous avións e catro helicópteros. O alcalde de Cabanas, Fernando Couce, indicou que o vento na zona puido dificultar un pouco os labores dos equipos de extinción.

A Consellería lembra que está ao dispor da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade