Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen unha muller acusada de estafar 10.000 euros á persoa maior que coidaba

Deteñen unha muller acusada de estafar 10.000 euros á persoa maior que coidaba

Unha muller de 20 anos foi arrestada pola Garda Civil de Pontevedra por subtraer a tarxeta bancaria da vítima e realizar compras fraudulentas

A familia denunciou os feitos ao decatáranse da estafa despois do falecemento do ancián 

G24.gal 09/05/2023 14:16

A Garda Civil de Pontevedra detivo unha veciña de Arcade, Soutomaior, por un delito de estafa agravada a un ancián que coidaba. A muller de 20 anos apoderouse da tarxeta bancaria e subtraeulle máis de 10.000 euros.  

Compras fraudulentas de produtos e servizos realizando os pagos por transferencias electrónicas. Para os pagamentos empregaba un servizo de pago moi coñecido e utilizado en transferencias en liña. Así operaba a muller de 20 anos detida pola Garda Civil.

A investigación desta estafa ao ancián ao que a veciña de Soutomaior coidaba comezou o pasado mes de xullo de 2022, despois de que un familiar da vítima denunciara o caso ante a Garda Civil. Foi despois do falecemento da vítima cando a familia deste se deu conta do sucedido.

En total a xerocultora detida estafáralle ao ancián máis de 10.000 euros. Valéndose da súa profesión, a muller subtraeulle a tarxeta bancaria e durante dez meses realizara multitude de compras en plataformas en liña.

Á autora dos feitos atribúeselle un delito de estafa agravada. As dilixencias instruídas foron entregadas pola Garda Civil ao Xulgado de Garda de Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade