Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estafan 450 euros en roupa a unha tenda de Rianxo

Estafan 450 euros en roupa a unha tenda de Rianxo

A suposta clienta facía pedidos de roupa en liña e despois anulaba as transferencias 

A propietaria da tenda denunciou o calote nas redes e descubriu que non era a única estafada

G24.gal 22/04/2024 14:19

Boa parte do negocio de Houda está na venda en liña, ducias de paquetes que saen de Rianxo para vestir clientas de todo o país. Por iso tardou en detectar que unha das compradoras a estaba estafando. Concretamente 450 euros en pezas de roupa que nunca chegou a pagarlle.

"Enviaba dous comprobantes, unha foto da transferencia e outra da autorización do pago, entón eu facía o envío e enviaba a foto co número para o seguimento do paquete. E ela o que facía era anular a transferencia, primeiro a facía de verdade e despois cancelaba a operación", explica Houda, a propietaria de Moreniña.

Púxose en contacto con ela e mesmo recibiu de volta unha pequena parte da roupa, pero usada e manchada.

A empresaria denunciou o calote ante a Garda Civil de Rianxo e tamén nas redes sociais. Para a súa sorpresa, descubriu que polo menos doce pequenas tendas de toda España afirmaban ser vítimas da mesma estafadora.

"Estou pensando en ampliar a denuncia, ao estar en grupo temos coñecemento de todas as denuncias que hai contra e mesma muller. A ver se facemos piña".

Facer piña para pararlle os pés a unha presunta estafadora que está a facer moito dano a pequenas emprendedoras coma ela. 

"Hai que parar esta xente, non pode ser. Temos que agruparnos, o que me pasou a min é insignificante se me comparo con outras vítimas. A unha autónoma que leva tres meses co seu pequeno comercio e lle estafas 1000 euros a deixas na ruína", di Houda.

E non so iso. Segundo puido saber Houda, a acusada tamén ten denuncias por usar plataformas como Vinted e Wallapop para poñer á venda roupa que, pese a ser aboada, nunca chega a destino.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade