Publicador de contidos
Publicador de contidos

Este martes retomarase a busca da muller desaparecida en Oroso

Este martes retomarase a busca da muller desaparecida en Oroso

Máis dun cento de persoas buscan polas ribeiras do Tambre e do Lengüelle

Cans de rastrexo e drons axudan na tarefa

María Asunción Cardama ten 63 anos, mide algo máis de 1,50 e ten o pelo caoba

Voluntarios de Protección Civil e cans buscan polas zonas habituais de paseo de Asunción
ana lois 06/12/2021 18:51

María Asunción Cardama Furelos mide algo máis dun metro cincuenta, ten o pelo cor caoba e os ollos negros. O pasado sábado desapareceu da súa casa. O home deu enseguida a voz de alarma.
Dende entón, máis dun cento de persoas paticipan na súa busca. 
"Estamos funcionando dende onte pola mañá ben cedo. Uníronse Protección Civil de varios concellos, Policías Locais, Garda Civil e máis de 60 voluntarios", di Luis Rey Villaverde, alcalde de Oroso.

Para a busca estanse usando ademais drons da Axencia Galega de  Emerxencias e uns dez cans de rastrexo. 

O seu labor non está sendo doado. Despois de dous días, o rastro que poden atopar é moi feble. Ademais, a zona é moi transitada e os diferentes cheiros distraen os cans.

Os equipos de busca percorren as zonas polas que adoitaba pasear Asunción: as beiras do río Tambre, dende a ponte da vila uns catro quilómetros río arriba ata a aldea de Piñeirón e tamén nas ribeiras do río Lengüelle cara ao o apeadoiro do tren. 

Hai zonas polas que xa se pasou dúas veces, porque a vexetación é abondosa e unha persoa podería pasar desapercibida se está deitada no chan.
Nos próximos días, o radio de busca irase aumentando

"Estase facendo unha batida xeral a carón do río e loxicamente tamén zonas de monte e lugares que adoitaba frecuentar", explica o alcalde.

O día que desapareceu, María Asunción levaba un pantalón vaqueiro azul con roturas nos xeonllos e nos cadrís e unhas botas de cor marrón. A muller precisa medicación diaria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade