Publicador de contidos
Publicador de contidos

Esteban González Pons: "Nós non cremos no dereito penal de amiguiños, que é o que practica Pedro Sánchez"

Esteban González Pons: "Nós non cremos no dereito penal de amiguiños, que é o que practica Pedro Sánchez"

Pons reclama eleccións anticipadas, despois das reformas legais promovidas polo Goberno

G24.gal 12/12/2022 09:42

O vicesecretario xeral de política institucional, Esteban González Pons, reclama eleccións anticipadas, despois das reformas legais promovidas polo Goberno para reformar o delito de sedición, renovar o Constitucional e o posible apoio do executivo á emenda de ERC para rebaixar as penas por malversación. 

Nunha entrevista no Galicia por diante, Pons descartan presentar unha moción de censura, como suxiren Vox e Ciudadanos porque entende que reforzaría a Sánchez. 

"Non hai votos para gañar a moción de censura. O sensato é o que está a facer Feijóo: pedir eleccións xerais xa. O que debería existir é un clamor popular, o que deberiamos propiciar é un clamor popular que pedira eleccións xa porque é o que España precisa. Unha moción de censura aumentaría o espectáculo, reforzaría a maioría do Goberno e permitiríalle a Sánchez unha vitoria parlamentaria que neste momento non merece. Sánchez no Parlamento gaña, pero na rúa perde", apuntaba Pons.


Pons explicaba que acudirán a Europa para denunciar as reformas legais.

"Estou convencido de que en Europa non van entender o que está acontecendo e que os tribunais internacionais e as instancias internacionais acabarán por darnos a razón porque a democracia española e a división dos poderes española só poden salvarse. Non pode ser que o final do procés sexa que gañen os independentistas. Nós non cremos no dereito penal de amiguiños, que é o que practica Pedro Sánchez".

"Nós recorreremos a todas as instancias xudiciais que poidamos, tanto nacionais como internacionais, porque cremos que en España estase a vulnerar o principio de división de poderes e estase a vulnerar a Constitución, pero como no medio da vulneración se atopa o propio Constitucional, pode que esteamos a quedar sen garantías constitucionais sobre a legalidade, a constitucionalidade das normas. Creo que Pedro Sánchez neste momento está en escape constitucional libre, sen ningún tipo de freo", destacaba. 

Defende Pons a decisión do PP de romper as negociacións para a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial e para os nomeamentos do Tribunal Constitucional. 

"Con todo o que hai enriba da mesa, nós non podiamos continuar coas negociacións. Non podemos concederlle ao Goberno que quebra a Constitución, que permite que o final do procés sexa unha vitoria dos independentistas. Co diaño que se lle meteu a Sánchez no corpo non se pode pactar nada", apuntaba o popular. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade