Cargando resultados...
Estragan o altar improvisado levantado na honra de Samuel Luiz
Estragan o altar improvisado levantado na honra de Samuel Luiz
O ano pasado tamén fora destruído outro memorial semellante no mesmo lugar
G24.gal
14/07/2022 14:27
Na Coruña, nas últimas horas apareceu estragado o altar improvisado que o pasado 3 de xullo, coincidindo co primeiro aniversario do seu asasinato, levantaran asociacións e amigos de Samuel na súa honra.
A situación repítese no tempo porque o ano pasado xa acontecera algo similar. Daquela, os familiares do mozo decidiran retiralo para poder pasar páxina.
Polo momento, o que crearon a comezos de mes segue diante do número 2 da Avenida de Bos Aires, que foi onde a ambulancia recolleu a Samuel para trasladalo ao CHUAC, onde faleceu horas despois.