Ethel Vázquez, sobre a reconstrución do viaduto da A-6: "É un triunfo de Galicia"
Ethel Vázquez, sobre a reconstrución do viaduto da A-6: "É un triunfo de Galicia"
O Goberno reconstruirá de xeito sumultáneo os viadutos colapsados a A-6
Vázquez: "O Goberno de España dá marcha atrás, rectifica e confirma que o lóxico é executar os dous viadutos de xeito simultáneo. Venlle dar a razón á Xunta de Galicia"
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, anunciou que o Executivo abordará a reconstrución “do segundo viaduto” do Castro, na A-6 en sentido A Coruña, para poder “avanzar” na recuperación de ambas as pontes “en paralelo”, despois de recibir un informe técnico favorable.
O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana asinou a ampliación da declaración de emerxencia para reducir tempos e mellorar a seguridade tras o informe que recomendaba esa actuación paralela.
As obras da ponte en sentido Galicia iniciaranse de forma inminente e así reducir en seis meses os prazos de execución, “para poñer en servizo a infraestrutura en 2024”.
Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, estivo no programa Bos días e afirmou que se se producira noutro territrio un colapso dunha vía principal xa se tería declarada a emerxencia. Asegurou que Goberno ven a dar a razón a a Xunta:
"O Goberno de España da marcha atrás, rectifica e confirma que o lóxico é executar os dous viaductos de xeito simultáneo. Venlle dar a razón a Xunta de Galícia, a todo o sector do transporte de mercadorías, que sofre ese corte. A presión da Xunta, do sector do trasnporte e dos usuarios conseguiu mudar o criterio".
Vázquez di que, aínda que tardou, chega unha rectificación absoluta e total avalada por un informe que defende punto por punto o que xa viña defendendo a Xunta.
"Por seguridade viaria; por eficiencia técnica, porque a cimentación ao non ser simultanea afectaría a estabilidade dos dous viaductos; por cuestións económicas, é mas económico facer as obras ao mesmo tempo e é o habitual en obra civil; o desvío é ineficaz e problemático".
Vázquez dixo que hai que recuperar o tempo perdido.
"Levamos máis dun ano coa A-6 cortada e agardamos que esté en xuño de, con dous meses de marxe para posibles incidencias polo tanto estamos a falar de setembro 2024 cando debería estar plenamente en funcionamento".
Sen fondos europeos para o tecido de ferrocarril
Nas últimas horas tamén se coñeceu que o Corredor Atlántico noroeste queda excluído dos fondos europeos. Vázquez acusou o Goberno central da responsabilide de presentación dos proxectos e administración de fondos.
"E unha pésima noticia. A Unión europea outorga 6.300 millóns de euros a esa rede trans-europea para os corredores ferroviarios; 250 veñen a España, pero a Galicia non chega nada. Non sabemos se foi porque o ministerio non presentou proxectos, ou se os presentou e non cumprian os requisitos. Dende a consellería queremos ter unha xuntanza co comisionado agardamos que nos traladen unha explicación e a ver se conseguirmos unha rectificación".
Sen tranferencia da AP-9
A transferencia da AP-9 queda paralizada pola convocatoria de eleccións. É a cuarta vez que se rexeita esta petición. Ethel Vázquez asegurou que levan 14 anos loitando por esa transferencia.
"É unha vía fundamental vertebra o 60 % da poboación de Galicia. O compromiso do Goberno de Pedro Sánchez, que nos dicía dende 2018 que a transferencia se ía materializar foi un conto". "Esperamos que despois das eleccións poidamos debater en serio, con menos promesas e máis feitos. Queremos unha xestión da AP-99 pegada a Galicia".