Publicador de contidos
Publicador de contidos

Evacuadas dúas persoas por inhalaren fume tras un incendio en Bergondo

Evacuadas dúas persoas por inhalaren fume tras un incendio en Bergondo

As lapas arrasan a vivenda

Imaxe de arquivo dos bombeiros nunha actuación Imaxe de arquivo dos bombeiros nunha actuación
G24.gal 23/10/2021 11:06

Dúas persoas precisaron asistencia no hospital por inhalar fume despois de producirse un incendio que calcinou a vivenda na que residían en Bergondo.

Os dous evacuados ingresaron no Hospital Universitario da Coruña tras presentar síntomas de intoxicación polo fume. Os feitos sucederon no lugar de Trasdoval, na parroquia de Vixoi contra a unha da madrugada.

Un particular contactou co 112 para alertar do incendio. Ata a zona  desprazáronse o 061, a Garda Civil, Bombeiros de Betanzos e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Bergondo. Os bombeiros lograron a extinción das lapas ás 3:30 horas da madrugada


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade