Expertos en enerxía debaten na Toxa sobre os desafíos da coxuntura actual
Expertos en enerxía debaten na Toxa sobre os desafíos da coxuntura actual
"Volveremos ver uns prezos moderados da enerxía eléctrica", vaticina a presidenta da OMIE
No foro Vínculo Atlántico que se celebra na illa da Toxa, a presidenta de Rede Eléctrica de España, Beatriz Corredor, dixo que a subministración está garantida. E tamén é optimista con respecto aos prezos. Cre que se van moderar a medio prazo.
Empresas coma Iberdrola coinciden neste diagnóstico, pero advirten dos riscos de facer cambios no mercado.
Carmen Becerril, presidenta do Operador do Mercado Ibérico da Enerxía (OMIE), vaticinou: "Volveremos ver uns prezos da enerxía eléctrica moderados, porque o mercado de gas ten capacidade de reacción".
Dende Iberdrola advirten das respostas: "Coidado co mercado que imos reforzar, que funciona. Hai que promover contratos a longo prazo, sobre todo para os máis vulnerables", dixo Mario Ruiz-Tagle, director executivo de Iberdrola España.