Extinguen sen feridos o incendio que arrasou unha nave en Bergondo
Extinguen sen feridos o incendio que arrasou unha nave en Bergondo
Investigan as causas do lume que calcinou unhas naves de produtos cosméticos
O fume obrigou a cortar varias horas a estrada AC-164 con Ferrol
Equipos de Protección Civil traballan aínda no polígono de Bergondo, arrefriando a nave que ardeu onte ao serán.
Foi un lume que tivo a súa orixe nas instalacións dunha empresa que almacena produtos cosméticos. O lume obrigou a activar o nivel máximo do Platerga. Mobilizáronse os bombeiros de Betanzos, Arteixo e A Coruña, polo temor inicial a que o lume se estendese a outras areas do polígono.
A estrada de Ferrol estivo cortada ata as 4 da madrugada. Finalmente foron tres as naves afectadas, con colapso de estrutura e cuberta, e outras afectadas polo fume. Rematadas as tarefas de extinción, avanzas as investigacións sobre as causas do lume.