Publicador de contidos
Publicador de contidos

Extinguido o incendio rexistrado no Xurés, que queimou 160 hectáreas

Extinguido o incendio rexistrado no Xurés, que queimou 160 hectáreas

Os efectivos deron por apagado esta mañá este incendio procedente de Portugal

G24.gal 08/02/2023 12:07

O incendio rexistrado o pasado luns en Muíños, en Ourense, afectou a 160 hectáreas de monte raso, no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o incendio, procedente de Portugal, orixinouse sobre as seis da tarde e puido ser extinguido ás 9:50 horas desta mañá de mércores.

O lume arrasou, segundo as últimas medicións, unha superficie de 160 hectáreas de monte raso dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Na súa extinción traballaron dous técnicos, doce axentes, quince brigadas, oito motobombas e dous helicópteros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade