Facenda lanza unha macrooperación contra a fraude en franquías de paquetería
Facenda lanza unha macrooperación contra a fraude en franquías de paquetería
A operación abarca catorce comunidades autónomas, entre elas Galicia
As inspeccións comezaron o pasado mércores e continuarán nos vindeiros meses
A Axencia Tributaria lanzou unha macrooperación contra a fraude en franquías de mensaxería e paquetería, ante os indicios de ocultación de vendas e pagos en diñeiro negro aos traballadores.
A operación abarca catorce comunidades autónomas, entre elas Galicia, cunhas inspeccións que comezaron o pasado mércores e continuarán ao longo dos vindeiros meses. A maior parte dos locais estaban situados na Comunidade Valenciana, Cataluña, Galicia, Madrid e Andalucía, e en menor medida en Castela e León, Aragón, as Canarias, Cantabria, Murcia, A Rioxa, Asturias, Castela-A Mancha e Estremadura (1).
A operación Columba puxo en marcha máis dun cento de comprobacións de inspectores a 77 sociedades e 40 personas físicas e prevé analizar tanto a actividade non declarada como pagos irregulares (en B) aos traballadores ou o recurso a programas informáticos de dobre uso para ocultar as vendas.
As actuacións abarcarán o círculo "societario e familiar" das empresas investigadas que "presentan signos externos de riqueza non coherentes" cos ingresos declarados.