Publicador de contidos
Publicador de contidos

Facilidades para visitar as Illas Atlánticas durante a Semana Santa

Facilidades para visitar as Illas Atlánticas durante a Semana Santa

400 persoas rexistradas este sábado para visitar as Cíes

G24.gal 23/03/2024 13:23 Última actualización 23/03/2024 13:36

400 persoas estaban rexistradas este sábado ao mediodía para visitar as illas Cíes na web da Xunta de Galicia. É unha das viaxes imprescindibles para os que visitan Galicia.

Eses días hai saídas desde os peiraos de Vigo, Cangas, Baiona e Sanxenxo.

A sona de praias paradisíacas, diversidade de flora e fauna e impactantes rutas e paisaxes fan que sexan moitos os que queiran visitar este gran reclamo para o turismo galego.

Fóra da saturación do verán nas Cíes xa están abertos o cámping e o restaurante. Aínda quedan prazas dispoñibles para visitar todas as illas galegas esta Semana Santa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade