Cargando resultados...
Fai dez anos do peor naufraxio de migrantes en Lampedusa
Fai dez anos do peor naufraxio de migrantes en Lampedusa
O 3 de outubro de 2013 morreron 368 migrantes na illa italiana de Lampedusa
Cada ano morren afogadas no Mediterráneo máis de 3.000 persoas
O 3 de outubro de 2013 morreran 368 migrantes ao naufragar o barco en que viaxaban
G24.gal
03/10/2023 08:47
Este martes fai dez anos do peor naufraxio no mar Mediterráneo. O 3 de outubro de 2013 morreron 368 migrantes na illa italiana de Lampedusa ao afundirse o barco en que viaxaban máis de 500 persoas.
A traxedia sacudira a conciencia das autoridades europeas, que puxeran en marcha a operación Mare Nostrum, un plan de salvamento que só durara un ano. Desde aquela, os naufraxios seguen sucedéndose ante a pasividade política. Cada ano morren afogadas no Mediterráneo máis de 3.000 persoas.