Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece no hospital un matrimonio de Sarreaus despois de ser atopado no chan do seu domicilio

Falece no hospital un matrimonio de Sarreaus despois de ser atopado no chan do seu domicilio

Atoparon o home deitado na cociña. Aínda estaba consciente e era capaz de falar

A muller estaba encerrada no baño e cando accederon, aínda que seguía con vida, xa non podía comunicarse

G24.gal 28/11/2022 19:16

Un matrimonio do concello ourensán de Sarreaus faleceu esta fin de semana despois de ser localizado o pasado 24 de novembro pola Garda Civil no chan do seu domicilio tras ser alertados por veciños que non tiñan noticias deles desde varios días antes.

O Instituto Armado recibiu unha chamada de alerta o día 24 ao mediodía en que se lles comunicaba a ausencia destes dous veciños da parroquia de Pazos.

Así, os servizos de emerxencias desprazáronse ata o lugar, despois de que os veciños indicaran que non tiñan noticias do matrimonio desde uns días antes.

Ao chegar á vivenda observaron, xa desde o exterior a través dunha porta acristalada, que o home estaba no chan da cociña. Por este motivo, forzaron a porta, pechada desde o interior, e entraron ao domicilio.

Xa dentro, o home, que aínda estaba consciente e era capaz de falar, díxolles que a súa muller se atopaba no baño. Deste xeito, comprobaron que a muller estaba encerrada na estancia e cando accederon, aínda que seguía con vida, xa non podía comunicarse.

Ambos foron trasladados en ambulancia ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, onde faleceron un día despois con poucas horas de diferenza. El, con 81 anos, faleceu nas últimas horas do venres, e ela, con 77, nas primeiras do sábado.

A Garda Civil non atopou signos de violencia nin nada que apuntase a unha intoxicación de monóxido de carbono, tampouco indicios de que se cometeu un roubo, polo que cualificaron a acción de auxilio humanitario.

Así as cousas, polo momento, segundo fontes da Garda Civil, despois da autopsia realizada esta pasada fin de semana, descártase unha intoxicación por gas, á espera de que o Instituto Nacional de Toxicoloxía realice as analíticas complementarias.

Os axentes atoparon a casa en mal estado e aseguran que os residentes, en plenas capacidades mentais, non estaban interesados en recibir axuda dos servizos municipais a pesar de que lles consta que se lles ofreceu en varias ocasións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade