Falece un home ao caer co seu coche ao río Limia en Rairiz de Veiga
Falece un home ao caer co seu coche ao río Limia en Rairiz de Veiga
O accidente sucedeu contras as 09:30 horas na estrada próxima á Saínza de Abaixo
Os servizos de emerxencia localizaron unha persoa falecida no interior do turismo
Unha persoa morreu nun accidente de tráfico rexistrado a primeira hora da mañá deste sábado na Saínza de Abaixo, no concello ourensán de Rairiz de Veiga. Por causas que non se coñecen o vehículo saíu da estrada e caeu no río Limia, que ten na actualidade pouco caudal. O turismo quedou envorcado sobre o leito.
Ata o lugar desprazáronse axentes da Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Rairiz de Veiga, efectivos do 112 e os bombeiros de Xinzo da Limia, que tiveron que excarcerar a persoa atrapada no interior do coche.
Tras confirmar o falecemento, a Garda Civil e os Bombeiros rastrexan as proximidades para desbotar que haxa máis persoas feridas ou posibles vítimas do accidente.
Este accidente en Rairiz de Veiga deixou a primeira vítima en Galicia da Operación especial de tráfico. Ata o próximo luns haberá, segundo as estimacions d DXT máis de 7 millóns de desprazamentos por estrada. Tráfico prevé que nesta ponte aumenten un 2 por cento os desprazamentos con respecto ao verán pasado.
🔴 #AXEGAInforma dun vehículo que caeu ao río Limia, en #RairizdeVeiga.
— 112Galicia (@112Galicia) August 13, 2022
Os servizos de emerxencias localizaron a unha persoa falecida no interior.
Interveñen: #BombeirosXinzo, @guardiacivil de Tráfico, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e Protección Civil. pic.twitter.com/tugF10U0uY