Falece un traballador de 50 anos tras caer desde a cuberta dunha nave en Vigo
Falece un traballador de 50 anos tras caer desde a cuberta dunha nave en Vigo
A Policía Nacional de Vigo informa de que se abriu unha investigación sobre a morte deste traballador
A caída produciuse dende varios metros de altura
Foi un particular o que chamou o 112 Galicia sobre as 09:00 horas da mañá deste martes para solicitar asistencia médica urxente para un operario que acababa de caer desde a cuberta dunha nave, na rúa de Santa Trega, en Teis, Vigo.
O operario falecido é un home de 50 anos e estaba instalando unhas placas fotovoltaicas nunha nave do estaleiro San Enrique, cando caeu dende varios metros de altura
#AXEGAInforma dun traballador falecido.
— 112Galicia (@112Galicia) March 13, 2024
📍 Rúa Santa Tegra, #Vigo
➡️ Un operario caeu desde a cuberta dunha nave, a varios metros de altura
🚨 Urxencias Sanitarias de Galicia-061, @policia, Policía Local, @PuertoDeVigo pic.twitter.com/fuyUO78XwX
Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, e da Policía Nacional e Local, ademais do persoal da Autoridade Portuaria de Vigo. Con todo, pouco despois, os axentes de seguridade comunicaron o falecemento do traballador.
A Policía Nacional de Vigo informa de que se abriu unha investigación sobre a morte deste traballador.