Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece unha muller de 67 anos ao arder a súa casa na Coruña

Falece unha muller de 67 anos ao arder a súa casa na Coruña

A Policía xa abriu unha investigación para tentar esclarecer o sucedido

G24.gal 09/12/2024 16:10 Última actualización 09/12/2024 20:41

Unha muller do 67 anos morreu no incendio rexistrado na súa vivenda do barrio de Palavea, na Coruña. A vítima vivía soa e tiña problemas de mobilidade.

Foi un particular quen alertou aos servizos de Emerxencias cando viu saír fume do último andar do bloque de vivendas no que se produciu o sinistro.

Ao chegar ao lugar os bombeiros tiveron que confinar a varios veciños do edificio no interior das súas vivendas mentres procedían aos labores de extinción. O fume estendeuse por toda a escaleira.

Os bombeiros localizaron o foco do incendio no salón da vivenda onde atoparon sen vida o corpo da muller que vivía soa no piso.

Tiña 67 anos e problemas de mobilidade. Mobilidade reducida que puido terlle dificultado a saída da vivenda cando se rexistrou o lume.

É unha das hipóteses que se barallan. A Policía Nacional abriu unha investigación para determinar as causas e circunstancias en que se produciu o incendio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos